Saturday 27 de April de 2024

Alternativa de Cambre solicita datos sobre a exposición pública do PXOM


Alternativa dos Veciños de Cambre preguntará as ferramentas de participación dispoñibles para os veciños e veciñas de Cambre para poder visitar en diferentes horarios o “proxecto de PXOM” e o número de persoas que acudiron a asesorarse.

O grupo municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre preguntará sobre as ferramentas que dispoñen os veciños e veciñas de Cambre para informarse sobre o “proxecto de PXOM”. Tamén cantos veciños puideron asesorarse sobre o devandito proxecto e se existirán novos tramos horarios para que toda a veciñanza poida acudir a ver o proxecto que está a vender como Plan Xeral UxC.